miércoles, 24 de febrero de 2016

SUBVENCIÓN PARA O FOMENTO DO COOPERATIVISMO E DA ECONOMÍA SOCIAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA



Obxecto e finalidade
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para realizar actividades de impulso e fomento do cooperativismo e da economía social, a través dos seguintes programas de axudas:
Programa I. Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.
Programa II. Oficinas locais de fomento cooperativo.
Programa III. Apoio ás entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades no marco da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social.
Entidades beneficiarias
1. Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda:
a) As asociacións de cooperativas e de sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I.
b) Os concellos de Galicia, a través dos órganos dunha área metropolitana, dunha mancomunidade de municipios, dun consorcio local, ou dunha agrupación dun mínimo de catro concellos que pertenzan a unha mesma zona, nos termos e para as actuacións previstas no programa II.
c) As fundacións e asociacións, as cámaras de comercio, as organizacións profesionais, empresariais e sindicais e outras entidades sen ánimo de lucro, sinaladas nas letras d), f) e g) do número 1 do artigo 5 do Decreto 225/2012, do 15 de novembro, polo que se crea á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e se regula o seu funcionamento, que teñan formalizada a súa adhesión á esta rede por medio de convenio de colaboración, asinado con anterioridade á publicación desta orde, para as actuacións e nos termos previstos no programa III.
2. Con carácter xeral, as entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:
a) As asociacións de cooperativas, de sociedades laborais, as fundacións e asociacións, as organizacións profesionais, empresariais e sindicais, así como outras entidades sen ánimo de lucro, deberán estar legalmente constituídas e inscritas nos rexistros competentes e cumprir os requisitos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Estar ao día das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.
c) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
Prazo de solicitude: O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda é un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.