miércoles, 3 de febrero de 2016

PLAN RENOVE DE FIESTRAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen no anexo I, polas que se rexerá a concesión das subvencións da CEEI para incentivar a rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión (códigos de procedementos IN412A-IN412B).
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2016.
Solicitudes
As entidades colaboradoras do Plan Renove de fiestras son as encargadas de tramitar a solicitude (facer a reserva dos fondos, presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).
Para poder actuar como entidade colaboradora do Plan Renove de fiestras, 2016, deberá presentar a solicitude de adhesión axustada ao modelo de formulario normalizado, que se inclúe como anexo II desta orde.
Aquelas entidades que foran entidades colaboradoras na convocatoria do Plan Renove de fiestras, 2015, convocado pola Orde do 10 de xuño de 2015 (DOG núm. 119, do 26 de xuño) poderán solicitar a adhesión á convocatoria de 2016, regulada nesta orde, mediante unha solicitude simplificada, segundo o modelo de formulario normalizado, que se inclúe como anexo II desta orde.
Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo de formulario normalizado que se inclúe como anexo IV desta orde, a través das entidades colaboradoras que se adheriran ao Plan Renove de fiestras, indicadas no primeiro parágrafo deste artigo.
Prazo de solicitude:
O prazo de presentación de solicitudes de adhesión de entidades colaboradoras será de 5 días hábiles a partir do día 1 de febreiro de 2016 incluído (código de procedemento IN412A).