viernes, 5 de febrero de 2016

PLAN RENOVE ASCENSORES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA



Obxecto 
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto incentivar a renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios da subvención as comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia e legalmente constituídas de acordo cos artigos 2º e 5º da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal. Todo isto, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nas presentes bases así como os que fundamenten a concesión e os que se prevexan nesta orde e na normativa aplicable. Non poderá disolverse a comunidade ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Non poderán obter a condición de beneficiario das subvencións reguladas nestas bases as persoas ou entidades nas que concorran as circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Ademais os beneficiarios deben estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e no ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración Pública da Comunidade Autónoma.
Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes será dende o 20 de xaneiro de 2016 ao 20 de abril de 2016, ambos os dous incluídos, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito. Neste caso informarase do peche adiantado do prazo de solicitude a través da páxina web da Dirección Xeral de Enerxía e Minas e no Diario Oficial de Galicia.
Unha vez presentadas as solicitudes por parte das persoas interesadas, estas serán tramitadas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a cinco meses.