viernes, 5 de febrero de 2016

CONVOCATORIA 2016 PROBAS PARA OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS CELGA 1,2, 3 E 4.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


 Obxecto.
Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016.
Persoas destinatarias.
As persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan antes de finais do ano 2016, nacionais ou estranxeiras.
Datas de realización das probas.
Celga 4: 2 de abril de 2016.
Celga 2: 3 de abril de 2016.
Celga 3: 9 de abril de 2016.
Celga 1: 10 de abril de 2016.
Se o número de aspirantes non permitise rematar as probas orais no día sinalado nesta resolución, a avaliación continuará realizándose o día ou días que determine a Comisión Central de Avaliación, que serán debidamente publicitados.
Lugares onde se van realizar as probas e niveis.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
Os lugares concretos e o horario indicaranse cando se fagan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada proba de nivel Celga.
Prazo de solicitude: ata o 7 de febreiro de 2016.