jueves, 12 de mayo de 2022

PROGRAMA INICIATIVA XOVE 2022

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (código de procedemento BS306B).

Obxecto
O establecemento das bases reguladoras para a concesión de axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade da Comunidade Autónoma de Galicia que se desenvolvan durante o ano 2022 e nos cales as persoas novas participen activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas.

Entidades beneficiarias
1. Grupos informais de entre 5 e 8 persoas mozas, debidamente identificadas, con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos e empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á mocidade e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten sexa diferente do que presenten, se é o caso, as asociacións xuvenís ou entidades prestadoras que formen parte da federación. Deberán estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Outros datos
O período subvencionable abrangue desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2022.
Coa presentación da solicitude achegarase o proxecto de iniciativas xuvenís seguindo o modelo publicado na convocatoria.
Todas as entidades e grupos aos cales se lles conceda a axuda e o soliciten recibirán un anticipo do 80 % sobre o total da cantidade concedida.
A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva. Requírese unha puntuación mínima de 50 puntos na avaliación dos proxectos e a concesión efectuarase por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.