jueves, 5 de mayo de 2022

PREMIOS FIN DE CARREIRA DE GALICIA NO ANO 2021

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 18 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2021 nas universidades do Sistema universitario de Galicia (código de procedemento ED415A).

Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que rematou os seus estudos universitarios conducentes a unha titulación oficial de grao no curso académico 2020/21.

Persoas beneficiarias
Estudantes que remataron brillantemente os seus estudos universitarios conducentes a unha titulación oficial de grao no curso académico 2020/21 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
Será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.