martes, 3 de mayo de 2022

PROGRAMA EXTRAORDINARIO DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS E MICROEMPRESAS CON ACTIVIDADES ESPECIALMENTE PARALIZADAS POLA CRISE COVID-19 2022

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa extraordinario das persoas traballadoras autónomas e microempresas con actividades especialmente paralizadas pola crise da COVID-19, financiadas parcialmente con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR760A).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de axudas para as persoas traballadoras autónomas e microempresas, especialmente paralizadas pola crise da COVID-19, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, financiadas parcialmente con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.
A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas e microempresas, especialmente paralizadas, para facer fronte á situación económica motivada pola pandemia da COVID-19, que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA como persoas traballadoras por conta propia, as comunidades de bens ou sociedades civís, as microempresas e os mutualistas, sempre que estean de alta ou en situación asimilada, que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia, que tivesen unha alta anterior ao 1 de xaneiro de 2019 e que acrediten unha baixada de facturación de, polo menos, o 65 % nos termos establecidos no artigo 9.
Considerarase microempresa para os efectos desta orde a que vén recollida no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, en que se define a micro-empresa como aquela empresa que ocupa menos de dez traballadores e cun balance xeral anual inferior a dous millóns de euros.
Tamén poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada que estean de alta no momento da presentación da súa solicitude e estivesen de alta un mí-nimo de catro (4) meses e un máximo de nove (9) meses no ano 2019.
Quedan excluídas desta orde as actividades en que convocaron axudas de xeito específico as consellerías da Xunta de Galicia competentes por razón da materia, entre outras, axudas para hostalaría, hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, axencias de viaxes, lecer nocturno, pesca, acuicultura ou marisqueo, e as actividades culturais como orquestras.
Exceptúanse do indicado no parágrafo anterior aquelas persoas beneficiarias que desenvolvan a súa actividade sen teren establecemento permanente aberto ao público.
Entenderase como actividade especialmente paralizada aquela que tivese unha baixada de facturación igual ou superior ao 65 % comparando o ano 2019 co ano 2021.
Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en que concorra algunha do resto das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Importe
O importe das axudas está en función da facturación que se acredite no ano 2019 e conforme a seguinte táboa:
– Facturación superior a 30.000 €: 12.000 €.
– Facturación superior a 20.000 € e ata 30.000 €: 8.000 €.
– Facturación superior a 12.000 € e ata 20.000 €: 6.000 €.
– Facturación superior a 8.000 € e ata 12.000 €: 4.000 €.
– Facturación superior a 5.000 € e ata 8.000 €: 2.000 €.
– Facturación igual ou superior a 4.000 € e ata 5.000 €: 1.000 €.
Para os autónomos de tempada, os importes reduciranse ao 50 %.
Para a concesión destas axudas destínanse dous millóns setecentos mil euros (2.700.000 €).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do disposto no artigo 29 do Decreto 11/2009, do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que establece un período mínimo dun mes.