jueves, 30 de septiembre de 2021

PROGRAMA RE-ACCIONA COVID-19

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (programa Re-acciona COVID-19), susceptible de ser financiada no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021 (código de procedemento IG402A).

Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas destinadas a facilitar a execución dun conxunto de servizos profesionais por parte de entidades colaboradoras previamente seleccionadas mediante a Resolución do 25 de agosto de 2021 DOG nº 169, do 2 de setembro, e publicadas na páxina do Igape http://reacciona.igape.es/reacciona-covid19
Os servizos para os que se poderá conceder axuda son os seguintes:
a) Reestruturación financeira e adecuación de estados financeiros tras o impacto da COVID-19 e os novos modelos de negocio.
b) Preparación para a transmisión ou adquisición de unidades produtivas.
c) Elaboración, adaptación e implementación de plans estratéxicos de internacionalización da empresa ou sector ao novo escenario internacional.
d) Análise de mercados internacionais concretos en relación á nova situación motivada pola emerxencia sanitaria COVID-19 e as necesidades específicas do solicitante de cara á apertura ou permanencia no dito mercado.
e) Consultaría relacionada coa implementación de metodoloxías de traballo e procesos acordes aos principios da economía circular.

Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
Ademais, deberán cumprir as seguintes condicións:
a) Que desenvolvan a súa actividade en Galicia, polo menos nun centro de traballo.
b) Que, tendo a condición de peme segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, conten cun número total de empregados ou socios traballadores non inferior a 3.
c) Que a súa facturación no exercicio 2020 sexa inferior á facturación do exercicio anterior 2019 polo menos nun 10 %.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de novembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.