lunes, 20 de septiembre de 2021

PREMIOS DE INVESTIGACIÓN SOBRE VIH E OUTRAS INFECCIÓNS DE TRANSMISIÓN SEXUAL

 AXENCIA GALEGA PARA A XESTIÓN DO COÑECEMENTO EN SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2021 pola que se aproban e se publican as bases reguladoras dos Premios de investigación sobre VIH e/ou outras infeccións de transmisión sexual (ITS) 2021.

Obxecto
1. Aprobar as bases reguladoras dos Premios de investigación sobre VIH e/ou outras infeccións de transmisión sexual (ITS) 2021, que se incorporan a esta resolución como anexo I.

2.Os premios son os seguintes:
– O primeiro premio constará dun certificado acreditativo e dunha dotación en metálico de tres mil euros (3.000,00 €).

– O segundo premio constará dun certificado acreditativo e dunha dotación en metálico de mil cincocentos euros (1.500,00 €).

– Dous premios accésit que contarán con cadanseu certificado aínda que sen dotación económica.

Persoas candidatas
As persoas candidatas a estes premios serán as persoas físicas investigadoras que consten como primeiras autoras de artigos publicados en 2020 e que estean incluídas no ámbito de aplicación destas bases reguladoras.
As persoas candidatas, propostas aos premios polo xurado, deberán acreditar a súa vinculación a algún centro incluído no ámbito de aplicación destas bases no momento da elaboración do artigo mediante a presentación dun certificado ao xurado. Este certificado enviarase ao xurado antes do acto de entrega dos premios.