miércoles, 29 de septiembre de 2021

SUBVENCIONS PARA APOIAR A XESTIÓN E MANTEMENTO DAS REDES SECUNDARIAS DE FAIXAS DE XESTIÓN DA BIOMASA E DAS FAIXAS LATERAIS DAS VÍAS MUNICIPAIS EN MVMC.

DEPUTACION DE LUGO

CONVOCATORIA E BASES QUE CANALIZARÁN AS SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA APOIAR A XESTIÓN E MANTEMENTO DAS REDES SECUNDARIAS DE FAIXAS DE XESTIÓN DE BIOMASA E DAS FAIXAS LATERAIS DAS VÍAS DE TITULARIDADE MUNICIPAL, DENTRO DOS TERREOS DAS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN, NA EXECUCIÓN DO PROGRAMA “O QUE NON ARDE”, NA ANUALIDADE 2021.

Obxecto
Subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, no marco do Programa “O que non arde”, de axudas dirixidas ás Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (en adiante, CMVMC) da provincia de Lugo, e ás súas agrupacións, baixo calquera forma xurídica (agás a sociedade mercantil), destinadas á xestión forestal conxunta, para a posta en marcha de actuacións de silvicultura preventiva que contribuirán a prever e minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción dos montes, de acordo con 2 eixos de actuación.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as CMVMC da Provincia de Lugo, e as súas agrupacións, baixo calquera forma xurídica (agás a sociedade mercantil), cuxos montes foran convenientemente clasificados polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais da provincia de Lugo e inscritos no Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común.
No caso de arrendamento total ou parcial do monte, para a realización dun aproveitamento de pastos por gando en extensivo (actividade encadrada dentro do Eixo 1), o/s arrendatario/s poderá/n ser beneficiario/s de subvención e, polo tanto, poderá/n solicitala, sempre que o dito aproveitamento teña lugar en terreos que cumpran os requisitos establecidos no parágrafo anterior, e que, ademais, polo seu número de cabezas de gando e clase, sexa compatible coa conservación do monte.
No caso de cesión parcial do monte, para o seu aproveitamento individual por parte dalgún/s comuneiro/s, mediante pastoreo por gando en extensivo (actividade encadrada dentro do Eixo 1), e sempre que a cesión se corresponda con terreos que cumpran os requisitos citados nos parágrafos anteriores, este/s poderá/n ser tamén beneficiario/s das subvencións, sempre que o lote, a sorte ou parcela obxecto de cesión non sexa inferior á unidade mínima de cultivo. Nestes casos, será preciso a achega do documento de asignación de lotes indicando o seu aproveitamento.

Prazo de presentación de solicitudes
Os interesados en solicitar estas axudas disporán dun prazo de presentación de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da data da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.