viernes, 26 de marzo de 2021

XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

 



O vindeiro xoves 8 de abril celebraremos unha XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS, para dar a coñecer ao Futuro Estudante a nosa ampla oferta de titulacións de Grao e a Vida Universitaria

https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/, en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h, a través de Teams.

 Manteremos vídeoconferencias simultáneas en vivo, unha por cada Rama e Coñecemento, seguindo o seguinte esquema:

a. Perfil de ingreso

b. Por que estudar este Grao na UDC

c. Contido da titulación

d. Saídas profesionais

e. Enderezo electrónico de contacto, ao final da presentación, para posteriores consultas sobre a/s titulación/s.

 O alumnado poderá:

  • Conectarse directamente premendo na ligazón que figura ao lado de cada titulación no horario sinalado. Non é necesaria inscripción previa nin ter instalado Teams.
  • Interactuar cos relatores e aclarar as súas dúbidas
  • Visitar virtualmente os Centros da UDC: Facultades, Escolas, Residencias, Instalacións deportivas...
  • Ver os testemuños de alumnado matriculado e egresado
  • Participar en retos e obradoiros e conseguir agasallos

 Haberá vídeoconferencias sobre ABAU e PREINSCRIPCIÓN en horario de mañá e tarde e un PUNTO DE INFORMACIÓN atendido polo persoal do Servizo de Estudantes durante toda a Xornada.