jueves, 18 de marzo de 2021

SUBVENCIÓNS ÁS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 1 de marzo de 2021 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (códigos de procedemento TR807A e TR807B).

Obxecto
A convocatoria de axudas que concederá a Consellería de Economía, Emprego e Industria ás organizacións sindicais con representación na Comunidade Autónoma de Galicia, para o desenvolvemento das súas actividades ordinarias durante o ano 2021, para o funcionamento dos seus gabinetes técnicos e para plans de formación de cadros de persoal e delegadas e delegados sindicais, co fin último da mellora das condicións de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios
Organizacións sindicais con representación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.