lunes, 8 de marzo de 2021

SUBVENCIÓNS ÁS ASOCIACIÓNS DE AMIGOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO E OUTRAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE TEÑAN COMO FINALIDADE A PROMOCIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO E A SÚA PEREGRINACIÓN

 AXENCIA TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e outras entidades sen ánimo de lucro que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT300A).


Obxecto e réxime
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a estabilidade e consolidación das asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e aqueloutras entidades sen ánimo de lucro que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, como entidades imprescindibles no fomento da peregrinación xacobea, na acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago e na promoción da cultura xacobea (código de procedemento CT300A), con dúas liñas de actuación:
Liña 1: Proxectos relacionados coa acollida aos peregrinos que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia: nesta liña subvencionaranse accións de dotación de servizos, accesibilidade, novas tecnoloxías e sustentabilidade ambiental, formación e programas de hospitaleiros voluntarios e accións de mellora de albergues.
Liña 2: Proxectos relacionados co estudo e a documentación do fito xacobeo, coa difusión da cultura xacobea e publicacións relativas á difusión da cultura xacobea.

Persoas beneficiarias
1. Poderán solicitar as axudas as asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, legalmente constituídas, e que teñan como obxecto principal o desenvolvemento de accións relacionadas co Camiño de Santiago e a peregrinación xacobea.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades nas cales concorra algunha das prohibicións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursas nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable das entidades solicitantes.
3. Non se permitirá a presentación de solicitudes conxuntas por varias entidades.
4. Cada entidade poderá presentar un máximo de dúas solicitudes, unha solicitude por cada unha das liñas establecidas no artigo 1.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Prazo de xustificación da subvención
O prazo de xustificación das presentes axudas remata o 31 de outubro de 2021.