martes, 30 de marzo de 2021

PREMIOS TALENTO MOZO DE GALICIA 2021


 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 16 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases que rexen os premios Talento Mozo Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS327A).


Obxecto
Regular o procedemento de concesión dos premios ao talento mozo na Comunidade Autónoma de Galicia para o recoñecemento de traxectorias excelentes e proxectos impulsados e postos en marcha por mozos e mozas galegos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2021.
Cos premios Talento Mozo Galicia tratarase de recoñecer e visibilizar o talento e as capacidades da xuventude galega, nas modalidades de ciencia, rural, deporte, empresa e cultura e creación.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as persoas mozas que teñan entre 18 e 35 anos e estean domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes, e que conten cunha traxectoria relevante na modalidade do premio a que concorran. Para estes efectos, os méritos que motivan a candidatura deben estar referidos a circunstancias acreditadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Outros datos
A concesión da axuda tramitarase en réxime de concorrencia competitiva. Para a valoración dos expedientes constituirase un xurado cuxos membros serán designados entre persoas destacadas no ámbito institucional e/ou social pola súa relevancia profesional e persoal en cada unha das modalidades dos premios.
O premio é compatible con outros outorgados coa mesma finalidade por todo tipo de organismos públicos ou privados.