lunes, 22 de marzo de 2021

CONVOCATORIA DISTINTA LIÑAS DE SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN PARA O ANO 2021

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2021 (códigos de procedemento VI422E, VI408H, VI408N, VI422F e VI406A).

VI422E, Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan 2018-2021).

Obxecto
Estas subvencións están dirixidas a financiar actuacións de rehabilitación de edificios e/ou vivendas ao abeiro do Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan 2018-2021.
A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, de acordo co artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Persoas e entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa para esta convocatoria:
a) As persoas físicas, xa sexan propietarias de vivendas unifamiliares, de edificios de tipoloxía residencial colectiva e das vivendas situadas nestes edificios.
b) As comunidades de persoas propietarias, así como as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
c) As agrupacións de persoas propietarias, ás cales lles será de aplicación o previsto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xullo.
d) As persoas físicas inquilinas dunha vivenda que asuman, en virtude dun acordo coa persoa arrendadora, o custo das actuacións de rehabilitación que correspondan, a cambio do pagamento da renda.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes. Non obstante o anterior, o prazo de presentación de solicitudes rematará, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, o que será obxecto de publicación no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

VI408H, Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan de vivenda 2018-2021, correspondente ás áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas).

VI408N, Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, correspondente á área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra.

VI422F, Programa de subvencións para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal para destinalas ao alugamento social, con carácter plurianual).

 VI406A, Programa de infravivenda.

Obxecto
1. Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes para que poidan axudar con carácter urxente ás unidades de convivencia que residan, en condición de propietarias, nunha infravivenda e non dispoñan de recursos económicos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade.
2. Así mesmo, estas subvencións terán por obxecto permitir aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes rehabilitar infravivendas do seu patrimonio municipal para destinalas a solucionar os problemas de residencia de unidades de convivencia que cumpran os requisitos fixados nas bases reguladoras.

Concellos beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística na data de publicación da presente convocatoria.
2. Para poder ser beneficiarios destas subvencións os concellos deberán ter cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao ano da convocatoria, en que o seu prazo de presentación estivese vencido.
3. Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles concellos que se atopen nalgún dos supostos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o día 30 de abril de 2021 e, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, que será publicada no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.