miércoles, 17 de febrero de 2021

SUBVENCIÓNS A ENTIDADES ORGANIZADORAS DE CONGRESOS, SEMINARIOS, CONVENCIÓNS, INCENTIVOS OU CALQUERA OUTRO EVENTO RELATIVO AO TURISMO DE REUNIÓNS EN GALICIA, ANOS 2021 E 2022

 AXENCIA TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades organizadoras de congresos, seminarios, convencións, incentivos ou calquera outro evento relativo ao turismo de reunións en Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022, que serán susceptibles de financiamento no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento TU403A).

Obxecto e réxime
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a regulación da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades promotoras de congresos, seminarios, convencións ou calquera outro evento relativo ao turismo de reunións que fomenten e promocionen a actividade congresual e que se desenvolvan no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para estes efectos, só serán subvencionables aqueles eventos en que os participantes pernoiten, polo menos, unha noite na Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións as seguintes entidades:
a) As universidades ou organismos públicos de investigación, a través dos seus centros, institutos, departamentos, seccións u outras unidades de investigación.
b) As sociedades científicas legalmente constituídas, colexios profesionais e outras entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro, dotadas de personalidade xurídica propia, agás as entidades locais.
c) As empresas ou sociedades privadas que organicen especificamente congresos, reunións, xornadas técnicas, eventos, presentacións, incentivos, etc.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Prazo de xustificación da subvención
Establécense os seguintes prazos de xustificación das axudas concedidas:
– Se o proxecto ou actuación subvencionada se executa entre o 1 de abril e 2021 e o 31 de outubro de 2021, o prazo de xustificación rematará o 15 de novembro de 2021.
– Se o proxecto ou actuación subvencionada se executa entre o 1 de novembro de 2021 e o 31 de outubro de 2022, o prazo de xustificación rematará o 15 de novembro de 2022.