lunes, 11 de mayo de 2020

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DA PARTICIPACIÓN GALEGA NO PROGRAMA MARCO DE INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN DA UE( HORIZON 2020)

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN


IN607F. Axudas para preparación de propostas de calidade ao Programa marco.

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar a convocatoria para o ano 2020 da liña 1 das axudas para o fomento da participación galega de calidade no Programa marco da Unión Europea:
– Liña 1 (código de procedemento administrativo IN607F): axudas para actividades de preparación de propostas de calidade, tanto de xeito individual como en consorcio, ao Programa marco de investigación e innovación. Consideraranse propostas de calidade aquelas que acadaron no proceso de avaliación da convocatoria do Programa marco á cal concorreron unha puntuación superior ao 75 % da nota máxima establecida.
Deberase ter en conta, ademais, o resto de condicións e requisitos incluídos no artigo 1 da convocatoria.

Beneficiarios
Poderán ter a condición de beneficiarios, segundo o artigo 3 da convocatoria e das bases reguladoras, pemes e organismos de investigación e difusión. Deberanse ter en conta, ademais, as definicións recollidas no anexo I das bases reguladoras.
Non poderán ser beneficiarias delas aquelas entidades que, pola actividade que desenvolvan ou o sector a que pertenzan, se atopen entre as excepcións recollidas no artigo 1.1 do Regulamento (UE) 1407/2013 relativo ás axudas de minimis.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria, e permanecerá aberta ata o 30 de novembro de 2020 ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso en que se produza con anterioridade a esta data.

IN607G. Axudas para o desenvolvemento dunha proposta individual presentada á fase I do instrumento peme do Programa marco.

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar a convocatoria para o ano 2020 da liña 2.1 das axudas para o fomento da participación galega de calidade no Programa marco da Unión Europea:
– Liña 2.1 (código de procedemento administrativo IN607G): axudas para o desenvolvemento dunha proposta individual presentada a algunha das convocatorias da fase I do instrumento peme do Programa marco sempre que esta acadase unha avaliación igual ou superior aos 13 puntos ou fose distinguida co selo de excelencia.
Deberase ter en conta, ademais, o resto de condicións e requisitos incluídos no artigo 1 da convocatoria.

Beneficiarios
Poderán ter a condición de beneficiarios, segundo o artigo 3 da convocatoria e das bases reguladoras, as pemes. Deberanse ter en conta, ademais, as definicións recollidas no anexo I das bases reguladoras.
Non poderán ser beneficiarias delas aquelas entidades que, pola actividade que desenvolvan ou o sector a que pertenzan, se atopen entre as excepcións recollidas no artigo 1.1 do Regulamento (UE) 1407/2013 relativo ás axudas de minimis.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria e permanecerá aberta ata o 30 de novembro de 2020, ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso en que se produza con anterioridade a esta data.

IN607H. Axudas para o desenvolvemento dunha proposta individual presentada á fase II do instrumento peme do Programa marco.

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar a convocatoria para o ano 2020 da liña 2.2 das axudas para o fomento da participación galega de calidade no Programa marco da Unión Europea:
– Liña 2.2 (código de procedemento administrativo IN607H): axudas para o desenvolvemento dunha proposta individual presentada a algunha das convocatorias da fase II do instrumento peme do Programa marco sempre que esta acadase unha avaliación igual ou superior aos 12 puntos ou fose distinguida co selo de excelencia.
Tamén serán subvencionables aquelas propostas individuais de calidade presentadas á nova acción piloto do Consello Europeo de Innovación que dá continuidade ao instrumento peme, sempre que estas sexan compatibles coas bases reguladoras destas axudas e a presente convocatoria. Estas propostas deberán contar con selo de excelencia ou cunha nota de avaliación suficiente para a súa obtención.
Deberase ter en conta o resto de condicións e requisitos incluídos no artigo 1 da convocatoria.

Beneficiarios
Poderán ter a condición de beneficiarios, segundo o artigo 3 da convocatoria e das bases reguladoras, as pemes. Deberanse ter en conta, ademais, as definicións recollidas no anexo I das bases reguladoras.
Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas entidades que se atopen nas excepcións recollidas no artigo 1.3 do Regulamento (UE) 651/2014.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria permanecendo aberta ata o 30 de novembro de 2020, ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso en que se produza con anterioridade a esta data.