miércoles, 27 de mayo de 2020

SUBVENCIÓNS ÁS ACTIVIDADES DE DISTRIBUCIÓN PARA INDUSTRIAS CULTURAIS

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Finalidade
Fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro (código de procedemento CT402C).

Persoas beneficiarias
Persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia (modalidades A1, A2, A3 y A4).

Persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos musicais con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia (B1, B2 e B3).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.