jueves, 28 de mayo de 2020

SUBVENCIÓNS PARA A ASISTENCIA A MERCADOS E FOROS INTERNACIONAIS DE CONTIDOS AUDIOVISUAIS 2020

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Finalidade
Fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a comercialización exterior de produtos de contido audiovisual galego en mercados e foros de negocio de carácter internacional que teñan lugar entre o 1 de decembro de 2019 ata o 13 de marzo de 2020, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT404C).

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora e/ou distribuidora audiovisual e que leven a cabo algunha actividade de creación e produción no campo audiovisual galego ou algunha das actividades descritas na cláusula seguinte que motiven a subvención e cumpran os requisitos referidos no artigo 10.1 da Lei de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.