miércoles, 27 de mayo de 2020

AXUDAS AO INVESTIMENTO PARA A FABRICACIÓN DE PRODUTOS RELACIONADOS CO COVID-19 (INVISTE COVID-19)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto subvencionar aqueles proxectos de investimento levados a cabo polas empresas galegas que permitan a fabricación de produtos relacionados co COVID-19, como os seguintes:
– Medicamentos (incluídas as vacinas) e os tratamentos, os seus produtos intermedios, os ingredientes farmacéuticos activos e as materias primas necesarias para a súa produción.
– Produtos sanitarios, equipamentos hospitalarios e médicos (incluídos os respiradores, a roupa e o equipamento de protección e as ferramentas de diagnóstico), así como as materias primas necesarias para a súa produción.
– Desinfectantes e os seus produtos intermedios, así como as materias primas químicas necesarias para a súa produción.
– Ferramentas de recollida/tratamento de datos.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. Deberán levar, ou proxectar levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, que permita a fabricación de produtos relacionados co COVID-19.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.