martes, 23 de abril de 2024

VII PREMIO CGAC DE INVESTIGACIÓN E ENSAIO SOBRE ARTE CONTEMPORÁNEA

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do VII Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, e se convoca para o ano 2024 (código de procedemento CT143A).

Obxecto e finalidade
Tendo en conta a escaseza actual de canles especializadas en Galicia para publicar textos sobre arte contemporánea, o Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea ten por obxecto contribuír á investigación e produción de pensamento en arte contemporánea, a través da presentación de traballos que sexan inéditos e redactados en lingua galega.

Beneficiarias
Pode participar no Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea calquera persoa física, maior de idade, que presente un texto inédito en galego, relacionado con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2024.