miércoles, 21 de diciembre de 2022

BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PROTECCIÓN ÁS PERSOAS CONSUMIDORAS PARA 2023

 INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2022 pola que se establecen, mediante a tramitación anticipada de gasto, as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación en materia de protección ás persoas consumidoras e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CO400D).

Obxecto
Bolsas de formación, en réxime de concorrencia competitiva, que teñen por obxecto contribuír á formación práctica de titulados superiores en materia de consumo. As ditas bolsas desenvolveranse dentro do programa de traballo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, con suxeición ao programa de formación e coas indicacións que lles transmita o titor que teñan asignado.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas bolsas de formación as persoas que estean en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de graduado/a en Dereito, sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.