jueves, 15 de diciembre de 2022

AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS OCASIONADOS POLO OSO PARDO PARA 2023

 CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

ORDE do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos ocasionados polo oso pardo e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MT815A).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas destinadas a compensar as persoas titulares de explotacións gandeiras polos danos ocasionados polo oso pardo, así como efectuar a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento MT815A).

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as persoas titulares de explotacións gandeiras que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
Os prazos de presentación da solicitude de axuda serán os seguintes:
a) Para os danos que fosen comunicados aos Servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda entre o 1 de outubro de 2022 e a data de publicación desta orde, o prazo de presentación será de 1 mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.
b) Para os danos ocasionados desde a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de 1 mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano realizado, de acordo co establecido no artigo 5 da orde.

Outros datos
As axudas a que se refire esta orde comprenden os danos ocasionados polo oso pardo que se produzan desde o 1 de outubro de 2022 ata o 30 de setembro de 2023.