viernes, 6 de marzo de 2020

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DA HABILITACIÓN DO PERSOAL DE CONTROL DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA


Obxecto
O obxecto desta resolución é a convocatoria das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.
As probas rexeranse polo establecido nesta resolución e nas bases xerais recollidas na Orde do 21.4.2010 (DOG núm. 78, do 27 de abril).
Os códigos dos procedementos regulados son PR471A e PR472A.

Requisitos de participación
1. Poderán participar nas probas aquelas persoas que pretendan realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.
2. Para seren admitidos/as á realización das probas, os/as aspirantes deberán posuír, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes prevista en cada convocatoria, os seguintes requisitos exixidos polo artigo 5 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas:
a) Ser maior de idade.
b) Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea, ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.
c) Carecer de antecedentes penais.
d) Ter coñecementos básicos das linguas oficiais de Galicia para poder atender ao público en calquera delas.
e) Aboar a taxa correspondente de acordo co establecido no punto quinto desta resolución.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes do procedemento PR471A presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.