lunes, 23 de marzo de 2020

AXUDAS EXTRAORDINARIAS A PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS 2020

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
O obxecto da resolución é conceder axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas, para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia, que carezan de recursos suficientes.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:
a) As persoas galegas e nadas en Galicia.
b) Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal das persoas galegas e nadas en Galicia.
c) Os/as fillos/as das persoas galegas e nadas en Galicia.
Todas as persoas beneficiarias deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de agosto de 2020 incluído.