viernes, 20 de septiembre de 2019

SUBVENCIÓN PARA O FINANCIAMENTO DAS ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN EN UNIDADES FORMATIVAS DAS EMPRESAS, PARA OS EXERCICIOS 2019-2020


Obxecto
Esta orde ten por obxecto proceder á convocatoria pública de subvencións, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para o financiamento das accións formativas para o emprego con compromiso de contratación en unidades formativas nas empresas e da actividade laboral asociada, dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas, a través dos seguintes programas:
a) Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR301P). Trátase dunha nova orde de convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva.
b) Programa de incentivos á actividade laboral vencellada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR349X). Trátase das bases reguladoras do programa.

Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación.

Prazo de presentación das solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes das axudas correspondentes ao Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (procedemento TR301P) será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente convocatoria.
No caso das axudas correspondentes ao Programa de incentivos á actividade laboral vencellada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata (procedemento TR349X), o prazo de presentación virá determinado en cada convocatoria anual dos incentivos.