lunes, 10 de junio de 2019

SUBVENCIÓN PARA REALIZAR PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN E CREAR GRUPOS DE INVESTIGACIÓN EN MATERIA DE COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA.


Obxecto:
A presente convocatoria establece as condicións para a concesión de subvencións, en
réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (procedemento PR815A) para:
a) Realizar proxectos de investigación que teñan como obxectivo a promoción do desenvolvemento humano e sustentable, consonte a Axenda nacional e internacional de desenvolvemento e, en particular, aliñados cos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) de Nacións Unidas. Cómpre que os proxectos sexan relevantes para a cooperación para o desenvolvemento e que o seu contido estea claramente relacionado con esta área, e non serán financiables nesta convocatoria as colaboracións científicas sen esta dimensión.
b) Crear grupos de investigación, unidisciplinares ou multidisciplinares, interuniversitarios ou non, no ámbito da cooperación para o desenvolvemento, que teñan como obxectivo principal a especialización na investigación en cooperación para o desenvolvemento, que consolide liñas de investigación nesta materia no SUG.

Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións as universidades do Sistema universitario de Galicia e serán destinatarios/as os/as investigadores/as individuais ou equipos e grupos de investigación do Sistema universitario de Galicia (SUG).
Para os efectos destas axudas, enténdese por equipo ou grupo de investigación o conxunto do persoal investigador que baixo a dirección dun deles desenvolve un proxecto de investigación concreto. Os seus membros deben pertencer ao SUG, coa excepción dos considerados nas alíneas d) e e) do punto seguinte.
O equipo e grupo de investigación poderase constituír co seguinte tipo de membros:
a) Persoal investigador doutor con vinculación estatutaria ou contractual estable no
SUG. Considéranse dentro desta categoría catedráticos e profesores titulares de universidades ou escolas universitarias, profesores contratados doutores ou axudantes doutores, contratados dos programas Ramón y Cajal, Parga Pondal, Juan de la Cierva ou Marie Curie (neste último caso sempre que teñan adscrición a unha universidade do SUG durante toda a vixencia da axuda).
b) Persoal investigador non doutor con vinculación estatutaria ou contractual no SUG, ou mantida polo menos durante a vixencia do proxecto.
c) Persoal investigador en formación: persoal con vinculación ao SUG en figuras específicas de formación investigadora, sobre todo axudantes, persoal contratado en formación, contratados predoutorais ou con cargo a proxecto e bolseiros predoutorais de convocatorias públicas.
d) Investigadores asociados: persoal investigador doutor vinculado a outro organismo de investigación que se considera relevante para o correcto desenvolvemento do proxecto.
Inclúese nesta categoría o persoal docente doutor dos centros de ensino non universitario.
e) Persoal de apoio: persoal técnico ou calquera outro persoal contratado para realizar tarefas de apoio á investigación no desenvolvemento de proxectos concretos de investigación e persoal sen vinculación a un organismo de investigación.
O/a investigador/a principal que exerce a dirección dun proxecto e/ou grupo de investigación deberá ser doutor/a e pertencer a algunha das categorías incluídas na alínea a) do punto anterior.
Ningún/ningunha investigador/a individual e/ou membro dos equipos e grupos de investigación poderá presentar máis dun proxecto ou estar incorporado/a en máis dun equipo ou grupo de investigación no ámbito desta convocatoria.
Tamén poderán acceder ás subvencións os proxectos presentados en agrupación con
calquera das entidades definidas como axentes de cooperación segundo o artigo 23.1, alíneas b), c), d) e g), da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento.

Prazo de presentación:
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte
ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.