martes, 11 de junio de 2019

SUBVENCIÓN A EMPRESAS PRIVADAS PARA A LOITA CONTRA AS ENFERMIDADES PROFESIONAIS , NO SECTOR MINEIRO EN GALICIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria ás empresas mineiras que desenvolvan a súa actividade naComunidade Autónoma de Galicia, así como a súa convocatoria para o ano 2019, queteñen por obxecto incentivar a aplicación de tecnoloxías innovadoras e a implantación das mellores técnicas e medidas organizativas dispoñibles para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial, as derivadas da exposición ao po e ao ruído no sector mineiro de Galicia, a través de dúas liñas de actuación:
Liña A, para o financiamento dos investimentos destinados a mellorar a calidade do ambiente atmosférico da zona afectada pola actividade mineira, en especial mediante aredución das emisións de po e ruído.
Liña B, dirixida a investimentos destinados a mellorar as condicións laborais, especialmente as relativas á redución da exposición ao po e ao ruído dos traballadores nos seus postos de traballo.

Persoas beneficiarias
Empresas privadas que realicen actividades reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas os empresarios persoas físicas que exerzan actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas que exerzan unha actividade económica de forma regular.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes a partir do día seguinte ao da publicación da Orde do 23 de maio de 2019 no Diario Oficial de Galicia