viernes, 27 de febrero de 2015

PLAN RENOVE ASCENSORES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA


Convocatoria e bases reguladoras
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen no anexo I, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para incentivar a renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento IN532A).
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o
ano 2015.
Solicitudes
Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo de formulario normalizado que se inclúe como anexo II desta orde. Esta solicitude acompañarase da documentación recollida no artigo 5 das bases reguladoras.
Prazo de solicitude
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de maio de 2015, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito. Neste caso informarase do peche adiantado do prazo de solicitude a través da páxina web da Dirección Xeral de Enerxía e Minas e no Diario Oficial de Galicia.