jueves, 2 de junio de 2022

BASES REGULADORAS PARA A SELECCIÓ DE ORGANIZACIÓNS CANDIDATAS A CONVERTERSE EN ENTIDADES COLABORADORAS NA MEDIDA LEADER DE GALICIA PARA O PERÍODO 2023-2027

 AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2022 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección do 20 de abril de 2022 polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período de programación 2023-2027, cofinanciadas polo fondo Feader, e para a aprobación de estratexias de desenvolvemento local, así como a correspondente convocatoria, para as anualidades 2022 e 2023 (código de procedemento MR701F).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período de programación 2023-2027, cofinanciadas polo fondo Feader, e para a aprobación de estratexias de desenvolvemento local, para as anualidades 2022 e 2023.

Entidades beneficiarias
Entidades con forma xurídica de asociación sen ánimo de lucro que aspiren a obter a condición de entidades colaboradas na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027.

Prazo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Outros datos
As bases reguladoras establecen as normas para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras da medida Leader de Galicia para o novo período de programación da Política Agrícola Común (2023-2027), que levará asociada a concesión de axudas para o apoio aos gastos de adquisición de capacidades e accións preparatorias para o deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o dito período.




A selección e a concesión da axuda ten como obxectivo que a organización desenvolva todas as actuacións preparatorias necesarias que permitan a elaboración dunha proposta de estratexia de desenvolvemento local para o seu territorio.




Ademais, a indicada selección e desenvolvemento das actuacións obxecto da axuda posibilitarán que a organización poida optar ao seu recoñecemento como entidade colaboradora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural na xestión da medida Leader Galicia 2023-2027, unha vez entre en vigor o Plan estratéxico da PAC 2023-2027, sempre que cumpra as condicións establecidas nas bases reguladoras, así como as que se poidan fixar posteriormente e sexan derivadas do dito plan estratéxico.