martes, 27 de marzo de 2018

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE AXUDAS ECONÓMICAS INDIVIDUAIS PARA PERSOAS RESIDENTES NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
A concesión de axudas económicas individuais e de carácter extraordinario, non periódico e social para o ano 2018, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixido ás persoas emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega, e a determinados familiares, residentes nos países do estranxeiro establecidos no artigo 3.2, que se encontren en situación de precariedade económica. Están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.
Persoas beneficiarias
As persoas emigrantes galegas e os/as seus/súas fillos/as maiores de 18 anos, que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior, de acordo co establecido no parágrafo seguinte deste punto, e que o acrediten segundo o establecido no artigo 14 da resolución.
Para os efectos da presente convocatoria, terán a condición de persoas galegas residentes no exterior aquelas persoas emigrantes que naceron en Galicia ou que acrediten que residiron en Galicia de forma continuada durante dez anos con nacionalidade española, así como tamén os/as seus/súas fillos/as maiores de 18 anos que teñan nacionalidade española e que se encontren vinculados/as con calquera concello galego no censo electoral de residentes no exterior.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.