martes, 13 de marzo de 2018

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE PERSOAL FUNCIONARIO DOS CORPOS DOCENTES DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Aprobación da oferta de emprego público dos corpos docentes
Apróbase a oferta de emprego público correspondente aos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o ano 2018, nos termos que se establecen neste decreto, e de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nas leis 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, e na Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado.
Cuantificación da oferta de emprego público relativa á taxa de reposición
O número de prazas que se convoca nesta oferta de emprego público relativas á taxas de reposición é de 1.072.
Cuantificación da oferta de emprego público relativa á estabilización de emprego temporal para o ano 2018
O número de prazas que se convoca nesta oferta de emprego público relativas á estabilización de emprego temporal para o ano 2018 é de 581.
Cuantificación da oferta de emprego público relativa á taxa de reposición e á estabilización de emprego temporal para o ano 2018, distribuída por corpos
Corpo de mestres: 705.
Corpo de profesores técnicos de formación profesional: 160.
Corpo de profesores de ensino secundario: 788.
Convocatoria conxunta dos procesos selectivos
As prazas correspondentes á taxa de reposición de efectivos e as prazas relativas á estabilización de emprego temporal do mesmo corpo acumularanse nunha única convocatoria do procedemento selectivo.
Prazas de promoción interna
Ademais das prazas de reposición de efectivos e de estabilización de emprego temporal ás que se fai referencia nos artigos 2 e 3 deste decreto, ofertaranse as seguintes prazas de promoción interna:
Acceso ao corpo de profesores de ensino secundario: 262.
Acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas: 30.
Acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas: 105.