jueves, 1 de marzo de 2018

EXCEPCIÓNS ÁS NORMAS DE CONDICIONALIDADE DE APLICACIÓN DE XURROS E ESTERCO

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


As excepcións á norma da BCAA 6 recollida no punto 2 do anexo VII da Orde do 6 de febreiro de 2018, en relación coa aplicación de xurro nas superficies agrícolas, para os beneficiarios dos pagamentos e axudas establecidas no seu artigo 23, son as seguintes:

1. A aplicación de xurros ou fraccións líquidas de dexeccións non se poderá efectuar con sistemas de aspersión con canón, a partir da data de publicación desta orde.

2. O resto de aplicacións de xurro con sistemas de abano, poderase realizar mentres non se resolvan os condicionantes que deron lugar á súa excepción.

Segundo. Engádese unha nova excepción ás establecidas na norma da BCAA 6 recollida no punto 2 do anexo VII da Orde do 6 de febreiro de 2018, en relación co enterramento dos estercos sólidos despois da súa aplicación, exceptuándose de tal obriga cando o uso do esterco se corresponda coas prácticas tradicionais.

Terceiro. Dispoñer a publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.