miércoles, 30 de diciembre de 2015

AXUDAS ÁS ENTIDADES RECOÑECIDAS COMO AGRUPACIÓNS DE DEFENSA SANITARIA GANDEIRAS (ADSG)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


 Obxecto
A orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria gandeiras para a realización das actuacións sanitarias establecidas no anexo IV da presente orde, e efectuar a convocatoria para a anualidade 2016-2017 de conformidade co establecido no Real decreto 81/2015.
Finalidade das axudas
1. A finalidade destas axudas é a mellora do status sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns e obrigatorios para a prevención e control de enfermidades dos animais.
2. Os programas de planificación zoosanitaria comezarán o 1 de marzo de 2016 ou na data de presentación da solicitude de axudas se esta é posterior e rematarán o 28 de febreiro de 2017, e deberán incluír como mínimo as actuacións sanitarias dos programas sanitarios marco obrigatorios establecidos no anexo IV.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades asociativas agrarias que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar oficialmente recoñecidas como ADSG e, polo tanto, inscritas no rexistro de ADSG de Galicia antes da finalización do prazo de solicitude establecido na presente orde, e que manteñan as condicións do recoñecemento ao longo de todo o período de execución da axuda.
Quedan excluidas da condición de beneficiarios as ADSG formadas exclusivamente por cebadeiros de gando vacún.
b) Comprometerse na execución dun programa sanitario común que incluirá como mínimo o programa sanitario marco obrigatorio establecido no anexo IV da presente orde.
c) Estar integradas por explotacións de productores gandeiros en actividade, e que as ditas explotacións teñan a condición de pemes (pequenas e medianas empresas) de acordo co establecido no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agricola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior na aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
As explotacións que integren as agrupacións deberán estar inscritas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras, de acordo co Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras.
d) Estar ao día das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como cumprir o resto dos requisitos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Non estar suxeitas as explotacións a unha orde de recuperación pendente tras a decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.
f) Non ter a consideración de empresa en crise, segundo se define nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestructuración de empresas en crise, dacordo coas directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestructuración de empresas non financieiras en crise (Comunicación 2014/C 249/01, da Comisión, do 31 de xullo de 2014).
Prazo de solicitude: ata o 30 de xaneiro de 2016.