jueves, 26 de junio de 2014

SUBVENCIÓN Á DISTRIBUCIÓN PARA AS INDUSTRIAS CULTURAIS, ASOCIACIONISMO PROFESIONAL E SALAS DE ARTES ESCÉNICAS

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Obxecto
Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para:
a) Promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro.
b) Potenciación do asociacionismo profesional no ámbito da produción e distribución de produtos ou servizos de consumo cultural, con domicilio, sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Fomentar a estabilidade e consolidación das salas de artes escénicas de titularidade privada que desenvolvan programacións artísticas de carácter profesional.
Beneficiarios e modalidades da subvención. Requisitos
1. Poden solicitar as distintas modalidades de subvención as seguintes entidades:
Modalidade A: distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, para actividades que se leven a cabo entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de outubro de 2014:
Modalidade A.1: subvencións para a distribución exterior de espectáculos de artes escénicas e musicais. Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia. Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional consistente na realización dun mínimo de tres funcións/concertos e, en ningún caso, máis de oito no mesmo espazo.
Modalidade A.2: subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia. Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais, con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a exhibición de espectáculos e/ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia.
Modalidade A.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados culturais fóra de Galicia. Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a asistencia a feiras ou mercados culturais fóra da Comunidade Autónoma galega.
Modalidade A.4: subvencións para a distribución de espectáculos escénicos no territorio da Comunidade Autónoma. Beneficiarios: persoas físicas e xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia. Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución pola comunidade autónoma de Galicia consistente na realización dun mínimo de cinco representacións de artes escénicas. En ningún caso, máis de catro representacións nun mesmo espazo.
Modalidade B: asociacionismo. Beneficiarios: entidades e asociacións profesionais representativas das empresas e profesionais no sector da produción e distribución de produtos ou servizos de consumo cultural, que acrediten os seguintes requisitos:
– Ausencia de ánimo de lucro.
– Ter social ou estatutariamente como obxecto social a promoción de produtos culturais, en todas as súas modalidades, para a defensa dos intereses das empresas e profesionais destes ámbitos.
– Sede ou domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito de actuación autonómico.
Modalidade C: salas: persoas físicas ou xurídicas xestoras de salas de artes escénicas de titularidade privada con capacidade igual ou inferior a 250 localidades que presenten un proxecto de programación artística para o ano 2014. Exclúense salas cuxa titularidade pertenza á asociacións ou outras entidades sen ánimo de lucro. O solicitante deberá probar a dispoñibilidade da sala mediante fotocopia da escritura de propiedade, contrato de aluguer ou outros documentos válidos en dereito, e deberá estar en posesión da licenza de apertura da sala para a que solicita a axuda na actividade correspondente.
Prazo de presentación das solicitudes
1. O prazo para a presentación das solicitudes da modalidade A (distribución) será desde o día seguinte á data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de setembro de 2014.
2. O prazo de presentación das solicitudes das modalidades B (asociacionismo) e C (salas), será de un mes desde o día seguinte á data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.