lunes, 2 de junio de 2014

PROGRAMA DE MICROCRÉDITOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto: Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000,00 €, con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO), instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca
Convocatoria e prazo de presentación de solicitudes:
Convocar para 2014 o dito réxime de axudas en concorrencia non competitiva.
O prazo de presentación de solicitudes por parte do interesado no Igape iniciarase o día seguinte ao da publicación destas bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia e rematará o 20 de novembro de 2014, concedéndose as axudas de conformidade co artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
No caso de esgotamento do crédito o Igape publicará a dita circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 31.4 da citada Lei de subvencións de Galicia.