jueves, 26 de junio de 2014

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á FORMACIÓN E CONTRATACIÓN (PROGRAMA FORCON)

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto 
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2014 da fase de emprego do programa mixto de formación e contratación (Programa Forcon)  dirixido a mozos e mozas con baixa cualificación que sexan contratados en ocupacións incluídas nos sectores estratéxicos de Galicia
Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias todas aquelas entidades que, pertencendo aos sectores estratéxicos establecidos no Plan estratéxico Galicia 2010-2014, teñan a condición de entidade colaboradora.
2. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria os solicitantes que estean excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
5. A xustificación por parte das persoas ou entidades solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 3 e 4 anteriores para obter a condición de entidade beneficiaria realizarase mediante declaración responsable.
Prazo de solicitude: As axudas previstas nesta orde poderán solicitarse ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2014, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.