miércoles, 25 de junio de 2014

PROGRAMA INICIATIVAS EMPRENDEDORAS E DE EMPREGO (I+E+E)

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2014 do programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego coa finalidade de xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre a mocidade e mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.
Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:
a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro na Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
g) Que como mínimo o 50 % do seu capital social sexa de titularidade dos promotores e promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.
2. Ademais, tamén poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as empresas privadas que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego (ILE).
Tipos de axuda
O programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E) inclúe os seguintes tipos de axudas:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención financeira.
c) Subvención para formación.
d) Subvención para o inicio da actividade.
e) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
Prazo de solicitude: O prazo xeral para a presentación de solicitudes das axudas deste programa finalizará o 30 de setembro de 2014 e respectaranse, en todo caso, os prazos específicos previstos para cada tipo de subvención.
Subvención á xeración de emprego estable: O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses desde a data da alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou, se é o caso, da mutualidade profesional. Non obstante, deberá ser respectado o prazo xeral establecido no artigo 13.2 desta orde, aínda que nesta data non transcorresen os meses anteriormente citados.
Subvención financeira: A solicitude da subvención financeira deberase presentar nos dous meses seguintes ao inicio da actividade respectando, en todo caso, o prazo xeral establecido no artigo 13.2 desta orde, aínda que non transcorresen os dous meses anteriormente citados.
Subvención para a formación: A solicitude de subvención para a formación deberase presentar no prazo xeral establecido no artigo 13.2 desta orde.
Subvención para o inicio da actividade:  A solicitude de subvención para o inicio da actividade deberase presentar no prazo xeral establecido no artigo 13.2 desta orde.
Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras:  As solicitudes de axuda para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar deberanse presentar no prazo xeral establecido no artigo 13.2 desta orde