miércoles, 14 de mayo de 2025

SUBVENCIÓNS PARA A CONSOLIDACIÓN E A ESTRUTURACIÓN DE UNIDADES DE INVESTIGACIÓN COMPETITIVAS NOS CENTROS TECNOLÓXICOS CONSOLIDADOS DE GALICIA 2025-2026

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia e se procede á súa convocatoria para os anos 2025 e 2026 (código de procedemento IN845A).

Finalidade
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Axencia Galega de Innovación dirixidas aos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia para financiar gastos estruturais e de funcionamento coa finalidade de incentivar a transferencia de resultados da investigación, do coñecemento e das capacidades tecnolóxicas dos centros ao mercado.
Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para os anos 2025 e 2026 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia non competitiva (código procedemento IN845A).

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das axudas os centros de innovación e tecnoloxía da Comunidade Autónoma que teñan a consideración de consolidados.
Teñen a consideración de centros tecnolóxicos consolidados aqueles que figuran inscritos (ou teñan resolución de recoñecemento como centro tecnolóxico ou centro de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal) no rexistro regulado no Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes. O dito prazo comezará a contar a partir dunha semana da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.