viernes, 15 de septiembre de 2023

SELECCIÓN DAS PERSOAS PARTICIPANTES NO PROGRAMA DA ACELERADORA CULTURAL DE PROXECTOS MUSICAIS

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2023 pola que se convoca, para o ano 2023, o procedemento para a selección, en réxime de concorrencia competitiva, das persoas participantes no Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241 (código de procedemento CT402H).

Finalidade
Teñen por obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a selección, por parte da Agadic, das persoas físicas e/ou xurídicas para participar no Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais, coa finalidade de incentivar e estimular a profesionalización empresarial do sector musical e impulsar a carreira de artistas emerxentes.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias as persoas profesionais rexistradas no réxime especial de traballadores autónomos e as microempresas, sempre que reúnan os requisitos deste artigo, así como as persoas físicas maiores de idade, co compromiso de constituírse en empresa ou persoa autónoma de no momento de adquiriren tal condición sempre que cumpran os requisitos deste artigo no momento da súa constitución.
Deberán:
a) Ter a condición de empresa no ámbito musical con menos de seis anos de antigüidade e desenvolver a súa actividade profesional e/ou empresarial de forma habitual e maioritariamente en Galicia.
b) Desenvolver un proxecto musical que non leve máis de 6 anos no mercado da música.
c) Estar dadas de alta nas epígrafes do IAE 032 (intérpretes de instrumentos musicais) ou 033 (actividades relacionadas coa música, cantantes). Para os efectos destas bases, non se computará como antigüidade a alta noutras epígrafes do IAE distintas das anteriormente descritas.
d) Contar cunha sucursal ou oficina permanente na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.
e) Estar dentro da definición de microempresa segundo o anexo I do Regulamento número 651/2014 da Comisión Europea.
f) Realizar o seu traballo habitual e maioritariamente na Comunidade Autónoma de Galicia.
g) Estar ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiarias da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.
2. De acordo co artigo 2, número 18, do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, nesta convocatoria poderán ser beneficiarias as empresas que non estean en crisis no momento da presentación da solicitude, circunstancia que será comprobada pola Agadic.
3. Esta convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.
4. Non poderán ser solicitantes desta convocatoria as persoas beneficiarias no Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais do ano 2022. Enténdese por persoas beneficiarias aquelas que desenvolveron todo o programa da aceleración previsto na convocatoria. Para o caso das bandas de música, o concepto de persoa beneficiaria refírese a todas as persoas que formaban a banda ou grupo.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.