viernes, 1 de septiembre de 2023

PREMIOS DO PROGRAMA XUVENTUDE CREA 2023

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE 


Obxecto
O obxecto é establecer as bases que rexen a concesión dos premios do programa Xuventude Crea e convocalos para o ano 2023.

Persoas destinatarias
Serán destinatarias da convocatoria as persoas galegas ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade feitos no ano 2023, agás o establecido no capítulo II para cada especialidade.
Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na cal solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónoma nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
Salvo no caso das especialidades de cociña, creación de videoxogos, danza moderna, música, teatro e videocreación, a participación será sempre a título individual.
Aquelas persoas que gañasen o primeiro premio dunha especialidade das convocadas na edición do ano anterior non poderán participar na mesma especialidade na presente convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Outros datos
Especialidades dos premios do programa Xuventude Crea:
a) Artes plásticas.
b) Arte urbana.
c) Banda deseñada.
d) Cociña.
e) Creación de videoxogos.
f) Danza moderna.
g) Deseño de xoias.
h) Fotografía.
i) Moda.
j) Música.
k) Novela curta.
l) Poesía.
ll) Teatro.
m) Videocreación.
Premios por cada unha das especialidades:
Un primeiro premio de 3.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.
Un premio especial de 1.000 € para a modalidade de música clásica da especialidade de música.

Poderanse outorgar mencións de honra, que carecerán de dotación económica, nas diferentes especialidades a aquelas obras que conseguisen chegar á fase final en relación coas especialidades que establezan a dita fase a que acceden as persoas concursantes finalistas seleccionadas e que, coa avaliación da Comisión de Selección, acaden a suficiente calidade.