jueves, 7 de septiembre de 2023

AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DAS PERSOAS PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO "VIA kÜNIG IV" DE BECERREÁ, BARALLA E AS NOGAIS

 AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DAS PERSOAS PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “VÍA KÜNIG IV” DE BECERREÁ, BARALLA E AS NOGAIS.

Primeiro.- Beneficiarios: Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos á contratación as persoas
empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, as cales desempeñan actividades que están directamente relacionadas coa formación impartida no Obradoiro Dual de Emprego de Becerreá, Baralla e As Nogais, no que se impartiu a formación necesaria para obter o Certificado de Profesionalidade EOCB0109 Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción, que contraten traballadores/as por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial dosConcellos de Becerreá, Baralla e As Nogais.

Segundo.- Obxecto: Os incentivos a contratación temporal por conta allea teñen por finalidade facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes no Obradoiro Dual de Emprego Vía Künig IV, financiados a través da convocatoria de 2022 de axudas e subvencións a obradoiros duais de emprego, pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, e promovido polos Concellos de Becerreá, Baralla e As Nogais, sendo neste caso o Concello de Becerreá a entidade promotora.

Terceiro.- Bases Reguladoras: As bases completas e os modelos de solicitude están publicados no taboleiros de anuncios da sede electrónica do Concello de Becerreá https://concellodebecerrea.sedelectronica.gal

Cuarto.- Contía: Os contratos temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500 € por cada
traballador/a, correspondente a un contrato mínimo de 3 meses a xornada completa.

Quinto.- Prazo de presentación de solicitudes: Quince días naturais (15) contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP de Lugo.