martes, 16 de abril de 2019

PROGRAMA MOVES

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto
1. A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2019-2021 para a concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES) (IN421Q, IN421R).
2. Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:
Actuación 1: adquisición de vehículos de enerxías alternativas, será obrigatorio o achatarramento dun vehículo M1 de máis de dez anos ou dun vehículo N1 de máis de sete anos para as adquisicións de vehículos novos M1 ou N1.
Actuación 2: implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos.
Actuación 3: implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.
Actuación 4: implantación de medidas contidas en plans de transporte ao traballo en empresas.
3. A concesión destas axudas realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción prevista no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Entidades beneficiarias
1. Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 2.2 das bases reguladoras sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. En concreto, os seguintes:

Tipo de actuación                                                                               Beneficiarios

Actuacións 1 e 2       Profesionais e autónomos; Persoas físicas; Comunidades de propietarios;                                             Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica cuxo NIF                                   comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, N, R ou W
                               O sector público: Administración do Estado, Administración da Comunidade                                        Autónoma de Galicia e Administración local e sector público institucional

Actuacións 3 e 4     Profesionais e autónomos; Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen                                          personalidade xurídica cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, N, R                                   ou W
                             O sector público: Administración do Estado, Administración da Comunidade                                         Autónoma de Galicia e Administración local e sector público institucional

2 Non serán beneficiarias destas axudas:
a) Empresas en crise segundo a definición do Regulamento (UE) núm. 651/2014.
b) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que tivese declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará no prazo dun mes contado a partir do día hábil seguinte á publicación no DOG da presente convocatoria e finalizará cando remate a vixencia do Programa MOVES.
2. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará no prazo de dous meses contados a partir do día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente convocatoria, comezará ás 9.00 horas e permanecerá aberto ata o 31 de decembro de 2019.
3. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas ou, se é o caso, polas entidades colaboradoras.