viernes, 15 de febrero de 2019

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS DE APROVEITAMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES E DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DE PRODUCCIÓN AGRÍCOLA PRIMARIA

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto
A instalación de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.

Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases:
a) As empresas legalmente constituídas e os/as empresarios/as autónomos/as que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector de produción agrícola primaria.
Consideraranse sector de produción agrícola primaria as actividades incluídas na sección A e, en concreto, as clases da 1.11 a 02.40 do CNAE-2009, ambas incluídas. Tamén serán subvencionables as actividades recollidas no IAE que se correspondan con estas clases do CNAE 2009.
Para os efectos destas bases, defínese empresa conforme o recollido no artigo 1 do anexo I do Regulamento UE 651/2014.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas no punto anterior.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará 10 días naturais despois daquel en que se publiquen as presentes bases no DOG, ás 9.00 horas, salvo que coincida en día inhábil, que se entenderá prorrogado ao primeiro días hábil seguinte, e concluirá o 31 de maio de 2019.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.