jueves, 7 de febrero de 2019

AXUDAS ÁS ACTIVIDADES DE INFORMACIÓN E PROMOCIÓN REALIZADAS POR GRUPOS DE PRODUTORES NO MERCADO INTERIOR

AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA


Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e efectuar a convocatoria para o ano 2019 das axudas que, en réxime de concorrencia competitiva, vai conceder a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal) para actuacións de información e promoción dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións que, baixo calquera fórmula xurídica, reúnan a produtores (entendidos como tales os titulares de explotacións agrarias ou de instalacións de transformación) que participen nun réxime de calidade susceptible de apoio pola submedida 3.10, para accións de promoción no mercado interior relacionadas con produtos cubertos por algún deses réximes.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.