jueves, 23 de junio de 2016

PROGRAMA DE AXUDAS DA USC E DA DEPUTACIÓN DE LUGO PARA ESTUDAR NO CAMPUS TERRA


En que consiste o Plan de bolsas do Campus de Lugo?
En xuño de hai 2 anos, a Deputación de Lugo e o Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela asinaron un protocolo de colaboración para a inmediata posta en marcha dun Plan de Choque en Impulso do Campus de Lugo que inclúe 13 medidas.
Dentro destas 13 medidas, concretouse a elaboración dun plan de bolsas para gastos de matrícula nas titulacións nas que non se cobren as prazas.
Desta forma, ao te matriculares por vez primeira no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, recibirás nada máis e nada menos que un desconto no 50% da túa matrícula en determinadas carreiras.
O desconto do 50% aplicarase sobre o prezo da matrícula válido para alumnos españois, procedentes da Unión Europea ou de países alleos á Unión Europea con residencia legal en España. Os restantes alumnos non contemplados nas situacións anteriores terán como tope máximo de desconto o 50% sobre o prezo de matrícula válido para alumnos españois.
Como teño que facer para beneficiarme deste plan de bolsas?
O primeiro que tes que facer é tomar unha decisión: elixe unha das especialidades para que o teu futuro empece nunha das titulacións.
Despois, só tes que acceder á páxina web da USC, seleccionar a ligazón coa matricula e formalizar o proceso. No momento de pagar xa se che descontará de xeito automático o 50% do importe da matrícula.
Este plan de bolsas xa foi ofrecido para os estudantes que se matricularon en anos anteriores con máis de 300 persoas beneficiarias. Vas quedar ti sen el?
Que graos están contemplados na oferta?
Os graos que forman parte do programa #ParaestudarLugo son os seguintes:
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
Grao en Enxeñaría Civil
Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas
Grao en Administración e Dirección de Empresas
E se non estudo estas carreiras, teño algún outro beneficio?
Por suposto. O obxectivo do Plan de Choque para Impulsar o Campus de Lugo vai moito máis: mellores prácticas na túa carreira, máis saídas de campo para poñer en práctica o que aprendas, melloras nas facultades e no propio Campus… Todo coa finalidade de que o Campus ofreza máis e mellores servizos e que poidas aproveitar ao máximo a túa experiencia universitaria.
Como podo ampliar información sobre o Plan de bolsas?
Se tes algunha dúbida sobre o programa de bolsas ou queres ampliar a información sobre graos, facultades ou sobre o Campus de Lugo, podes contactar con nós a través de diferentes vías:
Podes chamarnos por teléfono de 09:00 a 14:30 ao 881 812 000 ou 982 820 532, e de 14:30 a 20:00 no 881 811 000.
Podes subscribirte ao noso Telegram
Podes achegarte ao Campus de Lugo e falar con nós no seguinte enderezo: Edificio Biblioteca Intercentros.
Pregúntanos o que queiras vía Twitter en @campusterraUSC



























PARA ESTUDAR LUGO