jueves, 11 de abril de 2013

SUBVENCIÓNS E AXUDAS A RAZAS GANDEIRAS AUTÓCTONAS

CONSELLERIA DO MEDIO RURAL E DO MAR


 Obxecto da orde:1. Esta orde ten por obxecto establecer o prazo de presentación de renovación do compromiso asumido polos beneficiarios da axuda establecida na Orde do 18 de abril de 2008 e destinada ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril), con efectos para o ano 2012.
2. Segundo o que establece o 2º parágrafo do artigo 6 da Orde do 18 de abril de 2008, cada beneficiario poderá percibir estas axudas, durante un período máximo de cinco exercicios anuais consecutivos, logo da presentación anual da renovación do compromiso, de conformidade co anexo.
3. Os solicitantes que presentaron a solicitude ao abeiro da Orde do 25 de setembro de 2012, finalmente deixada sen efecto, e que desexen que se teña en consideración para esta, deberán presentar unha declaración expresa pola que se ratifican na solicitude xa presentada con cargo a esta nova convocatoria.
Prazo de solicitude: ata o 11 de maio.


Obxecto da orde: 1. A presente orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión de axudas da Consellería do Medio Rural e do Mar destinadas ás organizacións ou asociacións de gandeiros recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia, para o fomento das razas autóctonas galegas.
2. As bases reguladoras publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural e do Mar.
3. Así mesmo, por medio desta orde convócase a devandita axuda para o ano 2013.
Beneficiarios : Poderán acollerse ás axudas descritas nesta orde as organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas, recoñecidas pola Comunidade Autónoma.
Prazo de solicitude: ata o 11 de maio.