viernes, 26 de abril de 2013

PROGRAMAS DE APOIO INFRAESTRUTURAL ÁS COMUNIDADES GALEGAS NO EXTERIOR


 
Obxecto: aprobar as bases, que se inclúen como anexo, polas que se rexerá a concesión de subvencións da Secretaría Xeral da Emigración, en réxime de concorrencia competitiva, aos programas de apoio infraestrutural para a reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións e restauración do seu patrimonio e para a mellora de dotacións e equipamentos, en favor das comunidades galegas no exterior.Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas subvencións para o ano 2013.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade, de conformidade coa Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, ou a súa condición de centro colaborador, mediante resolución aprobatoria ditada pola Secretaría Xeral da Emigración ao abeiro da disposición adicional única do Decreto 195/1991, do 30 de maio, polo que se modifica o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas.
Non poderán concorrer ás subvencións establecidas nesta convocatoria as entidades que teñan adoptado o acordo de iniciar un proceso de unión, en tanto o devandito proceso non estea finalizado.
Prazo de solicitude: ata o 26 de maio.