lunes, 29 de abril de 2013

PROGRAMA GALEUROPA


Obxecto: establecer as bases para regular a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a mozos e mozas galegos para estadías de prácticas formativas non remuneradas que se realizarán en empresas de calquera Estado membro da Unión Europea, agás España, e proceder á súa convocatoria. As estadías para as prácticas laborais desenvolveranse preferentemente na República Checa, Italia, Irlanda, Polonia, Holanda e Francia.
2. As estadías teñen como finalidade apoiar as persoas participantes en actividades de formación para adquirir os coñecementos, as competencias e as cualificacións que complementen  desenvolvemento persoal e profesional, facilitando a mobilidade dos traballadores en Europa e promovendo o desenvolvemento e a súa transferencia entre os países participantes ao mesmo tempo que perfeccionan as habilidades lingüísticas no idioma estranxeiro.
Destinatarios/as:  Poderán solicitar as axudas as mozas e mozos que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia e, ademais, os seguintes:
a) Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.
b) Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
c) Estar en posesión de calquera título de formación profesional ou universitario acreditado por calquera centro público ou privado de Galicia, ou telo solicitado no momento de presentar a solicitude.
d) Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria.
e) Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: inglés, italiano, francés e/ou alemán.
Serán excluídos/as os/as solicitantes que se atopen nalgunha das situacións de prohibición recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A contía da axuda ascenderá a 2.400 euros por participante por un período máximo de 8 semanas.
Prazo de Solicitude: ata 29 de maio.