viernes, 12 de abril de 2013

MORATORIA DOS PRESTAMOS DE MELLORA E INCORPORACION DE MOZOS/AS Á ACTIVIDADE AGRARIA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

ORDE do 3 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a moratoria dos préstamos vinculados coa mellora de explotacións e incorporación das persoas mozas á actividade agraria, e se convocan para o ano 2013.
 Obxecto1. A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2013 as axudas de minimis, en réxime de concorrencia non competitiva, establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para o pagamento do importe dos xuros que correspondan a un ano de carencia na amortización dos préstamos
vinculados coa mellora de explotacións e incorporación das persoas mozas á actividade agraria, concedidos con base nas convocatorias desde o ano 2007 ata o ano 2011, ambos inclusive, da Orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas paraa mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, e ao abeiro do convenio asinado entre a Consellería do Medio Rural e do Mar con entidades financeiras.
As ordes a que se fai referencia no parágrafo anterior son as seguintes:
– Convocatoria 2007: Orde do 10 de maio de 2007 (DOG nº 94, do 16 de maio).
– Convocatoria 2008: Orde do 15 de febreiro de 2008 (DOG nº 38, do 22 de febreiro).
– Convocatoria 2009: Orde do 17 de decembro de 2008 (DOG nº 248, do 23 de decembro).
– Convocatoria 2010: Orde do 31 de maio de 2010 (DOG nº 105, do 4 de xuño).
– Convocatoria 2011: Orde do 29 de decembro de 2010 (DOG nº 3, do 5 de xaneiro).
2. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que no seu artigo 19.2º establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.
Prazo de presentación: ata o 12 de xuño de 2013.